Carlos Suárez

Carlos Suárez Fernández, artista e Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo é membro do Grupo Modo de Investigación ligado ó departamento de Escultura da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. As súas liñas de investigación afrontan a migración e o desprazamento de persoas dende a análise e a práctica artística contemporánea.